Posteado por: pipote | Marzo 17, 2008

Vento en popa

A tarde do día 17 de Marzo, a Asociación “O Pipote” recibiu definitivamente as chaves da súa nova sede

ubicada no piso superior do edificio da biblioteca municipal.

Esa mesma tarde comezouse a trasladar o mobiliario,

e convocouse unha reunión urxente para mañá Mércores 18 de Marzo, ás 4 da tarde.

Trataranse temas como a posta en común da distribución do espacio; a inversión do fondo económico do que se dispón ata a data;

intentarase fixar a cota mensual definitiva, e comezar coa preparación da inauguración,que si todo vai ben, poderá

ser finalmente ésta mesma semana.

Comeza unha nova etapa para a asociación.


Categorías