O próximo Venres 28, ás 8 da tarde no Castelo de Maceda, terá lugar a presentación do libro “Batanando“.
Nel, o seu protagonista, o coñecido artesán de Maceda, Alfonso Blanco (“Fonso” para os amigos), embárcase no laborioso proceso de elaboración dunha albarda.
Coas súas propias mans e axudándose de escasos útiles, de xeito tradicional,
como adicou toda a súa vida, móstranos detalladamente éste proceso que actualmente
está en extinción, debido á sociedade tecnolóxica actual.
Todo isto, vai acompañado de multitude de fotos de calidade, así como escritos de coñecidos autores vinculados á vila de Maceda, e da propia autora, Uxía Caride, e neta do artesán, que coñece de primeira man o mundo do que nos fala.
Unha gran oportunidade para coñecer mellor ésta complicada e meritosa labor, e abordar na cultura galega con contidos audiovisuais e experiencias do propio protagonista, que terán lugar o Venres, ás 20:00 no Castelo.
Máis que recomendado…
