Posteado por: diegodf | Septiembre 18, 2008

Pipote “Suave”

O pasado sábado día 13 de septembro, integrantes do “pipote” acudimos ás terras de Valdeorras para presenciar un espectáculo sen precendentes: un concerto ó aire libre de “Los Suaves”, que tiña lugar como motivo das festas do Cristo na localidade de O Barco. De seguiren a ese ritmo podemos afirmar que seguramente non vexamos moitas actuacións semellantes. O seu vocalista Yosi Domínguez, deleitounos cunha incrible posta en escea, que os seus compañeiros da banda non dubidaron un intre en acompañar ó son das potentes guitarras. O Barco era un tremer de xente  que deixándose a voz pedía máis e máis rock e alababa a estes magos musicais. “Yosi eres mi dios”, “La camiseta, te doi 500 euros!” e frases coma esa gritaban rapaces referíndose ó cabecilla do grupo e á súa camisola chea de suor, calimocho e outras sustancias.

Non faltaron temas míticos e todos os presentes da praza Andrés de Prada quedaron abraiados tras tremenda actuación. Los Suaves non deixaron indiferente a ninguén e os seus seguidores fieis disfrutaron coma un rapaziño cun huevo kinder. E tras os nosos amigos melenudos, o pipotes que alí nos atopabamos, percorremos as rúas que rebosaban xente e postos de todo tipo de trangalladas, tómbolas, atraccións…Non podían faltar as visitas obrigadas os pubs da zona nos que nos tomamos unhas cerveciñas contemplando o ambiente,e  como non, de volta a Maceda.

Unha noite distinta e inesquecible por riba de todo. Pero tranquilos, aínda nos queda o Reperkusión 08´: toda a info na súa web: www.reperkusion.com

Saudiños.


Categorías