Posteado por: pipote | Octubre 26, 2008

Conta atrás para o Castañazo: 5 días!

Xa queda pouco amigos, e o gran día acércase. Unha vez máis dende O Pipote informávosvos das novedades do noso magosto alternativo Castañazo 08. Neste caso o concello de Maceda, pon a disposición daqueles que o desexen unha zona de albergue gratuíta para todos aqueles trotamundos que se acheguen a participar na nosa festa. Estará ubicada no pavillón polideportivo de Maceda e os usuarios disporán tamén de servizos de duchas e baños nas propias instalacións.

Para aqueles que conten cun pouco máis de presuposto poderán pasar a noite en calquera dos seguintes establecementos que se atopan moi próximos ó lugar do evento:

PENSIÓN PRIETO (Xunqueira de Espadanedo)- 988291092

HOSTAL ALTO DO COUSO (Ctra. Ourense – Maceda, Alto do Couso )- 988 463 636

HOTEL  LOS MILAGROS (Os Milagros)- 988 45 55 80  www.hotelosmilagros.com

HOTEL ANSUIÑA (Baños de Molgas)  – 988430370 www.hotelansuina.com

VIVENDA VACACIONAL CASAL DO CAMPO ( TIOIRA )  619 57 75 22 www.casaldocampo.com

CASA RURAL O LAR DOS FELOS (TIOIRA)

HOTEL RÚSTICO LA CHURRA (XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO) 988 291 501

Non perdas esta gran oportunidade para pasar unha fantástica fin de semana , disfrutar de boa compañia, gastronomía, excelente ,música e coñecer a nosa terra!


Categorías