As Noites de Folk do Castelo volven 11 anos despois. Cambio de nome e de estilo, pero a esencia segue ahí presente. O Castañazo 08´de Maceda revive un espectáculo que marcou unha época e a partires do 1 de novembro xa nada será igual. O noso castelo ,que hai máis dunha década non presenciaba en evento musical de tales característica, volverá facelo esta fin de semana.
As Noites de Folk, organizadas durante tres edición pola Asociación Maçaeda de Limia, encabezada por Xulio Conde, marcaron unha época para todos nós. Grupos moi importantes como Luar Na Lubre, Chouteiro, Vai de Roda, Joao Afonso, etc… interpretaron os seus mellores temas ós pes da fortaleza macedana. Agora ese sentimento repítese con sons actuais e frescos, máis vivos que nunca.
Daquelas o espectáculo era presentado por María Conde, nas súas tres edicións. O Castañazo 08´, e como homenaxe as noites folk, contará de novo con esta maravillosa presentadora, acompañada por un macedán : Carlos Quintas representando á nosa asociación, que nos amenizarán a velada.
Maria Conde, estudou Filoloxía Galega na Universidade de Compostela e dende sempre atopouse moi unida ós movementos asociativos en Maceda. Tamén participa activamente no BNG, e actualmente desempeña a sua labor profesional nun Centro Deportivo Decathlon en Euskadi ,en donde vive dende hai algún tempo por motivos persoais. Virá a Maceda exclusivamente para O Castañazo.
Quremos dende a asociación, darlle o noso máis sincero agradecemento e amosar a nosa ledicia de poder contar con ela.
Carlos Quintas, macedán , e estudante de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, integrante da nosa asociación O Pipote, acompañará a María e xuntos conducirán o Castañazo ata que a noite nos atrape e as fogatas deixen de alumear.
Con 8000 € de presuposto sen ánimo de lucro e unha organización a cargo dun grupo de mozos que buscan dinamizar a vida cultural e social no rural. Todo un reto e un soño que xa case é realidade. Mañá estará máis preto aínda que hoxe.
3 días para o 1º Magosto alternativo da historia de Maceda : o CASTAÑAZO 08´.
Mentres tanto deixámosvos cunha reportaxe que onte publicou Maceda Virtual na súa web ; picade neste enlace.


