Quedan só 2 días. Os nervios non cesan.
Comezan as primeiras tarefas de montaxe e habilitación no bosque do Castelo para que todo esté a punto para o gran día. Intalarase un escenario cuberto, co seu equipo de luces e son, do que se encargará un técnico especializado que controlará durante todo o evento o seu funcionamento. Instalarase unha zona de bar, 2 carpas xigantes para amansar o frío, posto de pulpo, zona de degustación de menú, posto de artesanía, etc…
As prediccións metereolóxicas para Maceda, o día 1 de Novembro pola tarde noite auguran un ceo parcialmente nuboso, con temperaturas en lixeiro descenso, e ausencia de precipitacións. Contaremos cunha boa noite pero vide abrigados amigos, xa que as temperaturas estarán comprendidas entre os 0 e11 graos centígrados aproximadamente. Un bo licorciño e solucionado.
Esta mesma tarde falabamos con Xurxo Souto, no seu programa da Radio Galega “Aberto por Reformas”, que de novo nos brindaba a opotunidade de dar a coñecer o noso magostazo nun cordial coloquio. Ademais batemos un novo récord de visitas na nosa web, que supera todo precendente.
A repercusión mediática do Castañazo 08´está a ser un auténtico éxito nesta súa primeira edición chegando a importantes medios como “La Voz de Galicia” e “Radio Galega”, ademais de abarcar case 1000 entradas no buscador “Google”.
Moitas grazas a todos .
Quedan tan só , 2 días. 2 días para o gran día.



