Hoxe por fin é o gran día:
1 de novembro, as 7 da no bosque do Castelo de Maceda : magosto alternativo Castañazo 08´organizado pola Asociación Xuvenil Cultural “O PIPOTE”. Non faltedes á cita!
Algo nuca visto hoxe en Maceda
Kit Castañazo
Deixámosvos con algunhas opinións sobre o Castañazo:
Lucas Domínguez – Presidente C.D Maceda
¿ Que che parece a idea do Festival – Magosto ” O Castañazo”?
A verdade é que se botaba de menos algunha alternativa neste sentido, falo tanto de magostos para a xuventude e no “monte”, como dun festival de música. Por iso o de xuntar estas duas cousas, e ademais facelo no entorno do “noso” Castelo paréceme perfecto. Podo lembrar espectaculares magostos cos meus colegas na zona do Castelo, porén a música sempre faltaba, bon… atá que alguén comezaba a entonar a primeira do Cuco de Velle.
¿ Que recordos che traen as noites Folk do Castelo e que comparacións e diferenzas ves co Festival que se celebrara o Sabado?
Lémbroas como algo importante e de calidade que se facía en Maceda, non son un gran seguidor da música folk, pero cando un escoitaba os nomes que pasaban por Maceda casi era unha obriga estar alí. Por suposto despois estaba o espectaculo da música en directo e un entorno espectacular. Teño a lembranza de estar deitados na herba, coa lúa chea iluminándonos dende o alto e escoitando músicos sobresaíntes, Luar na Lubre, Berrugüeto, Joao Afonso… ¿alguén dá máis?
Sobor das semellanzas e diferencias, evidentemente existen, a música é distinta, o tempo vai ir máis fresco, organizao o Pipote…jejeje. Doutra banda imos ter chourizos, viño, castañas, licor café… Non sei, o listón está moi alto, máis hai espectativas de superalo.
Alberto Outeiriño – Co-webmaster Maceda Virtual
¿ Que che parece a idea do Festival – Magosto ” O Castañazo”?
- Como todas ás iniciativas culturais e lúdicas para Maceda, véxoas sempre en positivo. Vexo unha proposta moi traballada e programada, sobre todo con moita ilusión por parte dos que vos tocou organizar. Currástedelo en moitos sentidos e a nivel mediático tamén. O eco informativo é moi importante e desexo que iso se reficta na moita asistencia de xente. Sabedes que MacedaVirtual, como con outras actividades sociais tentará transmitir esa festa ós que non puideron estar ahí.
¿ Que recordos che traen as noites Folk do Castelo e que comparacións e diferenzas ves co Festival que se celebrará o Sabado?
- Recórdoas como noites de verán nas que os macedáns e visitantes se achegaban ó castelo a pasar unha noite de boa música. En canto a comparacións, habería que esperar ó domingo para saber o que pasará nesta. Aínda que comparto o dito de que ás comparacións son odiosas, quedarse co bo de cada cousa é o importante. Diferenzas algunha xa se ve, un magosto engadido e penso que a música será máis cañeira.


