Posteado por: pipote | Noviembre 3, 2008

Crónica do “Castañazo 08″

Eran as 11 a.m. do día 1 de novembro e algúns integrantes da asociación O Pipote xuntabámonos no recinto do magosto alternativo. Estaba chovendo. Pouco pero chovía, e pola noite anterior tamén caeron bastantes gotas.

Esto non pintaba nada ben e non tiña pinta de parar. O palco xa estaba montado e a carpa e o toldo do bar tamén. O plan B, por si chovía (que non coincidía coa previsión obtida anteriormente), era inviable por falta de tempo material, tanto para montar unha carpa xigante para a chuvia, como trasladar todo o conxunto a un polideportivo cercano.

Os operarios e técnicos de luces e son de Prosoda, que se acercaron ó lugar ó mediodia para comenzar a montaxe de todo o equipo non estaban convencidos. A chuvia intensificábase. “Non podemos montar así chovendo, é de tolos ,e ademais hai risco de calambrazos e curtocircuítos pola auga“. Os pipotes desanimados non deixabamos de mirar ó ceo e ver como as nosas ilusións e esforzos se botaban a piques.

“Ás tres da tarde, volveremos ó recinto todos xuntos e tomaremos unha decisión “. O tempo pinta moi malo.

Un pouco antes de esa hora a chuvia cesaba. O ceo nubrado parecía escoitar as nosas suplicas e dábanos un receso. As 3.00 p.m. , a pesares da inestabilidade meteorolóxica decidimos arriscalo todo a dobre ou nada. Estaban en xogo moitos cartos e esforzos de todos nós.

Os técnicos comezan a montaxe do equipo de luces e son no escenario do Castañazo, e o ceo, a medida que avanza o día, vai clarexando chegando incluso a saír os raios de sol por uns intres. O milagre do Castañazo será recordado por todos nós. “Chove en todos os lados menos en Maceda”, decían algúns. Era incrible pero certo. As previsións metereolóxicas para o día volvían polo seu cauce. As ilusión voltaban a todos nós e retomábamos con máis forza que nunca a organización ultimando todos os detalles.

Comezan a chegar os grupos: Cuchufellos son os primeiros seguidos de Guezos. Máis tarde chegan as bandas de Madrid: La Cx Band e Sin Konzienzia. Comezan tamén as probas de son de todos os grupos por orde inversa á actuación, durante toda a tarde.

Os da asociación non paramos, de aquí para alá. Non podiamos creer que todo estivese a punto. Comeza a congregarse bastate xente, entre artistas e demais curiosos.

Son as 8 p.m. e no recinto hai bastante movemento, sobre todo na zona do Bar. De alí a un pouco comezan a tocar os Sin Konzienzia tra-la presentación conxunta de Carlos e María. A xente está famenta. Decidimos comezar a dar de comer ás 8.45 p.m.

Os comensais vanse situando na zona de mesas cuberta cunha carpa habilitada para tal fin, e van servindose dos pipotes o viño para que a empanada e chourizo baixen mellor. De postre bica e licor café de casa. Non deixa de chegar xente e mais xente. Esto é un non parar.

Fogatas, pulpeiro, zona de bar, carpa para a zona de comida, escenario cuberto con prolongación e carpa para o técnico de son. Todo perfactamente montado e distribuído.

Servíronse máis de 350 menús, e aproximadamente 600 persoas pasaron polo Castañazo 08´ de Maceda na súa primeira edición ó longo de toda a xornada festiva. Algo que superou toda previsión. O Bar tivo que ser pechado ás 3 a.m. do domingo por esgotarse absolutamente todo, ata a última botella de whisky e botellin de cervexa. A xente estaba sedenta, e é que un evento así non se vive tódolos días.

En resumo: todo un éxito. Algo inesperado. Todo saíu realmente ben e a xente estaba moi contenta: integrantes da asociación, colaboradores, artistas, comensais e espectadores…todos moi satisfeitos.

Os concertos foron tamén todo un exitazo, resaltando a participación do público, especialmente no de Cuchufellos, na que moitos dos alí presentes se subiron ó escenario para sacar fotos cós artistas e como non, para cantar: “Que bote, que bote…que bote O PIPOTE!!” . A animación que tivo lugar no Bar ó remate dos concertos tampouco estivo nada mal e mais de algún escachaba coa risa.

Unha nova forma de revivir as Noites de Folk, có Castelo como fondo e na época dos magostos e do noso patrón de Ourense, o San Martiño.

Pronto teredes unhas fotiños do Castañazo 08´.

Non podemos despedirnos sen decir que xa estamos traballando para a próxima edición, así como a viaxe para o partido da  Selección Galega que terá lugar moi pronto e que a asociación O Pipote de Maceda tamén organiza.

Por suposto os nosos agradecementos:

-Radio Galega

-La Voz de Galicia

-Concello de Maceda

-Maceda Virtual

- La Cx Band

- Sin Konzienzia

-Guezos

-Cuchufellos

-María Conde

-Prosoda

-Komunikando.net

-Vieiros

-Isca gz

-ghastaspista.com

-Malquemer

-Nsaio.org

-Radiofusion.eu

-silvereagles.es

-Web Santirso

-polabase.net

-…e a todos os que nos deixamos sen nomear, e que colaboraron con nós para dar a coñecer esta nosa/vosa festa. E sobre todo gracias a todos vós por estar ahí dándoo todo. Esperámosvos para o ano a todos. Seremos moitos máis e mellor!

Un saúdo e seguide atentos a www.OpipoteMaceda.Tk




Categorías