A asociación O Pipote organiza a viaxe ó partido da selección como xa é sabido por todos vós. Unha viaxe que é todo un éxito e que vai xa pola súa 3ª edición,reunindo a xente de tódalas idades de Maceda e arredores, para transportalos cara un espectáculo que cada ano se disputa nos mellores estadios da nosa comunidade. Será un partido intenso e de calidade entre a nosa selección e a selección de Chile, que de seguro competirán ó máximo neste derbi para deixar a súa nación por todo o alto.
Neste caso será un encontro que terá lugar na cidade da Torre de Hércules, no estadio de Riazor. Será o sábado 27 de decembro, e partirán os autobuses dende Maceda cara A Coruña, na tarde dese mesmo día para voltar ó finalizar o evento. Os horarios ata o momento están sen fixar. Seguramente faremos unha paradiña nas Lagoas para que se sumen a esta festaza do fútbol os nosos siareiros ourensáns.
Polo momento podedes ir reservando a vosa praza na Cafetería Castillo de Maceda ata o día 25 de Decembro, no que se pechará finalmente o prazo de inscrición.
Viaxe ida e volta + Entrada ó partido = 12€uros
Non lle falles á “Festa do Fútbol: Diversión asegurada, Espectáculo de 1ª!!!”
O Primeiro ano….. 1 bus 
Segundo ano…. 2buses

Terceiro ano…. ¿3 buses? 


