Posteado por: pipote | Diciembre 29, 2008

Graves altercados en Riazor.(actualizado)

Na tarde do día 27  de Decembro partiron cara A Coruña 3 autobuses dende Maceda para presenciar o encontro entre a Selección Galega de Fútbol e a Selección de Irán.  A viaxe ata A Coruña transcorreu con normalidade excepto algún apuro na vexiga dos ocupantes dos autocares que non dubidaron un intre en manifestarse de forma pacífica contra o conductor que tivo que ceder e facer unha parada técnica.

Nada mais chegar tivemos unha hora de tempo de lecer que aproveitamos para mercar bufandas e indumentaria para o partido así como comida e bebida para superar con forzas esta xornada deportiva.

Pouco antes de comezar o encontro chegaban ás inmediacións do estadio  Siareiros Galegos e centos de acompañantes que de forma pacífica protagonizaban unha manifestación que percorrían as rúas da cidade. O rematar a manifestación e cando se dispoñían a ler  a voz alzada un manifesto, comezaron os altercados.

O grupo de actuación de antidisturbios da Policía Nacional comezou a cargar contra os alí presentes sen motivo aparente. As víctimas das cargas policiais :todos aqueles que se atopasen no seu camiño, manifestantes ou non, sen diferenza de idade, sexo ou fisionomía. Violencia gratuíta sen control. Entres os feridos, atopábanse integrantes de asociación “O Pipote” e os seus acompañantes.  A xente era golpeada incontroladamente sen poder defenderse de ningunha maneira, mentres era atacada por pelotas de goma, porras e todo tipo de agresións físicas. Como resultado, 3 hospitalizados e ducias de feridos que tiveron que ser atendidos pola Cruz Vermella no propio estadio de Riazor. Un dos membros da asociación , mentras era atendido, presenciou como se abarrotaban de feridos as instalacións médicas do complexo deportivo, entre eles un home duns 50 anos acompañado da súa filla pequena, e unha rapaza de 19 anos coa cabeza aberta á que tiveron que coser con grapas de inmediato. Un deles segue ingresado na UCI.

O resultado final: Selección Galega :  3 – Selección de Irán : 2 . Un partido que quedará no recordo de todos nós como o máis radical de todos dende a creación da Selección .

p271208_2101p271208_222502

p271208_2109

Fonte: Kaosenlared.net / La Voz de Galicia / El Correo Gallego/ TVG

Fotos da carga policial publicadas en Superhincha.blogspot.com:

21611

1517

6

13

Vídeo TVG:

Fragmento de Vieiros:

“O cuarto partido da época moderna da selección galega deixa a segunda vitoria de Galiza e a presentación en sociedade de Nacho Novo como o mellor punta de lanza e un dos mellores xogadores cos que conta hoxe o fútbol no noso país. No que rodea ao encontro, Riazor fíxose un pouco grande para os afeccionados que foron ver á irmandiña e que só encheron de forma física a metade do campo, mais os seus folgos non só asolagaron as bancadas do campo, senón que outro ano máis volveron levar a paixón irmandiña por todo o país: de Moaña a Ortigueira, pasando polo Barco; de Viveiro a Coristanco, con escala en Vilantime; en Pantón ou en Maceda hoxe haberá moitos veciños do país que, sen saber moi ben por que, sentiron ferver un arrepío ás nove menos dez da noite, cando o Riazor comezou a cantar a gorxa rachada o himno nacional galego.”


Categorías