Queremos dedicarlle un oco na nosa páxina ó entroido de Laza. Un ano máis, membros da asociación “o Pipote” xunto con amigos e achegados desprazarémonos ó noso pobo veciño para participar no dia grande “o Luns de Entroido”!!!
Xa pola mañá meterémonos de cheo na praza da Picota a participar na farrapada ata non coñecernos uns a outros. Logo dunha intensa mañá hai que repostar enerxía na tenda de alí abaixo non sen antes pasar polo forno do pan. Tampouco me esquezo da señora que nos pon a bica na ventá e nos insiste en que pikemos dela, que ben boa que estaba por certo,moitas grazas!!
Logo de repoñer forzas percorremos os bares do pobo degustando o licor café de cada un deles non sen antes faerlle unhas tiradiñas o “chimpa o cacique” jaja!!
Contra a media tarde subimos ata “cima da vila” onde xa hai alguns “peliqueiros” e “a morena” preparada para encher de formigas a multitude da picota!!
Logo dun intre baixamos ata a abarrotada “picota” na que momentos despois aparecen os “peliqueiros” seguidos pola “morena” que cisca millóns de formigas o seu paso!!A praza e unha festa ata ben entrada a noite!!
“O Pipote” sempre con Laza. Aburiño!!