Crónicas do Pipote F.C.

Crónicas do Pipote F.C. por Marcos Gómez Gómez “Panucci”

(Todo o que debes saber e o que non, sobre o noso equipo)

LIGA DE FUTBOLÍN

En breves dara comezo a liga de futbolín organizada pola Asociación Manzaneda de Limia que contará con gran número de participantes. As partidas desenvolveranse no local de dita asociación cada venres e sábado pola noitiña. Os enfrontamentos de cada xornada serán a tres partidas e o valor de cada unha destas gañada e de un punto. A inscripción por parella e de dez euros e as normas da liga xa estan expostas en dito local!! O Pipote tamén estará presente nesta liga con dúas parellas,a primeira é a formada por Seguin-Santás e a parella revelación será Pincho-Panucci que loitaran pa levar o título as vitrinas do pipote!! Un saúdo e que gane o mellor!!

Gran derbi Cruceiro – Pipote.

O derbi entre asociacións levouno o Cruceiro por oito tantos a catro. Comenzou adiantandose o atlético no marcador pero no transcurso do encontro o cruceiro logrou remontar e levarse os tres puntos. Apuntar que neste partido non estivo presente o artimañas Juan José Santas o cal se ve reflexado no electrónico!!

A vindeira e penúltima xornada será Os Primos-Atlético Pipote con mais que tres puntos en xogo xa que o perdedor podería descender o infiernillo da segunda división!!!

Un saúdo e aburiño!!

“O Atlético sorprende ó Colinas”

Partido moi intenso no multiusos de Paderne cun terreo de xogo moi esvaradizo. Comezou adiantandose o Colinas cun gran testarazo imparable pó gardamallas “Xabi” 1-0. Pouco tardou “Balbi” en igualar o marcador 1-1. O encontro estaba moi tenso e logo dun disparo de falta chegaba o 2-1 para o equipo de Castro Caldelas. O atlético seguiu creando ocasións de gol e “Kintas” non perdou e tras un pase de Juan empatou o encontro 2-2. Todo estaba por decidir ata que apareceu o artimañas “Juan José Santas” que elaborou unha xogada e bateu o porteiro levando os tres puntos o casilleiro do atlético 2-3!!
O vindeiro fin de semana será o tan esperado derbi “Cruceiro-Pipote”con aires de revancha debido a que os nosos veciños marxan pola zona baixa da táboa!! un saúdo e ata entón!!

Pipote 3 – Arrás 7

Derrota do atlético no peor partido dende a fundación do equipo!!A vindeira xornada enfrentaremonos o segundo clasificado colinas.Aburiño

“Derrota do Pipote fronte o Niñodaguia”:

O pipote perdeu este encontro por 6-1. O nodaiga ganou o derbi sen moitos problemas debido as numerosas baixas do atlético principalmente as dos goleadores Santas e Kike. No partido tuvemos que improvisar un porteiro o non estar presente ningun dos cancerbeiros do pipote. A vindeira xornada esperamos contar con todo o plantel para enfrentarnos o Buratiño-Arras. un saúdo

“O Pipote” sube no tren dos cuartos de final:

Comezaba o encontro cunha enorme intensidade sobre o terreo de xogo xa que o perdedor sería eliminado do torneo. Transcurridos trece minutos “Pataco” inagurou o numérico para o Pipote 1-0. Quedaban cincuenta segundos da primeira metade cando o Hermanas Carrasco lograba o empate cun tiro moi lonxano que sorprendeu a Rubén 1-1!!!

Na segunda metade de novo “Pataco” de xogada persoal puxo o 2-1 no electrónico que pouco durou asi xa que logo dun penalti os Carrasco volvían a táboas 2-2. Non tardou en aparecer o artimañas “Juan Jose Sántas” para colarse na defensa rival e por o esférico no fondo das mallas 3-2.Pero ante tanta intensidade os carrasco empataron de novo o choque 3-3. Pouco antes do final o artimañas sentou a dous defensas e anotou o 4-3 que parecía definitivo ata que tras un despiste e a falta de vinte segundos chegou un gol fantasma co que houbo que ir a tanda de penaltis 3-3. Tiraronse once penaltis por equipo ata que Rubén detivo o derradeiro e lle deu a victoria o atlético e o pase a cuartos de final!!!

O rival en cuartos de final será nada mais nin nada menos que os leóns indomables do Capitol (galácticos)o dia 3 de Xaneiro do vindeiro ano. O atlético contará para a cita cas suas principais estrelas “Pataco”,”Balbi”,”Tino”,”Juan Jose Sántas” e o inconfundible “Kike”  para afundir a buque do poderoso Capitol!!!

Recordar que a festa do fútbol galego será o sábado 27  no estadio de Riazor o cal podedes ir na viaxe que como cada ano organizamos para segui-lo  evento!!!

FELIZ  NADAL  A  TODOS  dende a asociación xuvenil “O Pipote”!!! (22/12/08)

dibudddddjo

Partido aplazado pola neve!!

O partido do sábado 29 de novembro foi aplazado a causa da neve. Non quere decir esto que estuvera a pista nevada senon que o arbitro “Paco” e o comite de organización tomaron esta decisión por ser a mais adecuada para todos. Polo tanto teran que esperar os leóns indomables do capitol para enfrentarse o todopoderoso atlético Pipote que a ben seguro lle xogará un partido cara a cara!!!

Sinalar tamén que os dias 20 de decembro e 3 de xaneiro celebraráse o torneo de nadal sendo o primeiro partido do atlético contra hermanas carrasco o sábado 20 as 19:10 do serán!!!

Olvidabame comentar que para este torneo estará nas filas do atlético o xa coñecido “Tino” que será fundamental na estratexia do pipote para levarse o evento!!!

Pois esto é todo amigos  (Pemán) boas noites e ata mañá .Se nada cambia todo segue igual!!! (04/12/2008)

futbol-en-la-nieve

¡ O Pipote segue sumando !

Victoria do atlético por 6-2 fronte o pub Palmera. Parece que o equipo vai polo bo camiño. Sinalar que estivo presente outra das novas incorporacions do Pipote, “Pataco”. Os goles foron obra de “Seguín” que anotou un tanto,o mencionado “Pataco” que marcou por tres veces e os outros dous, como non, saíron das botas do artimañas “Juan José Santás”e esto foi todo!!

O vindeiro sábado tocaranos outro duro partido contra os leóns indomables do Capitol. Non estará para a cita “Xavi” pero si estarán as tres pezas claves do atlético,”Pataco”,”Santás” e “Kike” que de seguro van garanti-lo espectáculo!!

Moi boas noites e aburiño. (Pablo vai comprando unhas muletas)!!!

(25/11/2008)

Gañou O PIPOTE pedindo a hora!!!

Partido moi intenso de principio a fin. O pouco de comezar o choque ,Rafa adiantou os Primos 1-0. Quedaba moito partido e logo duns intres Balbi tras un par de triangulacions igualaba o marcador 1-1. Era un ir e vir de ocasións para ambos equipos e todo parecía estar moi igualado ata que Kike dun potente tiro lonxano desequilibrou o marcador 1-2. Minutos despois Boliche foise pola banda e bateu o noso gardamallas Xavi para volver a por o numérico en taboas 2-2!!

Todo estaba por decidir no terreo de xogo pero volveu aparecer a estrela do atlético Kike que marcou un gol semellante o anterior,e dicir,outro trallazo dende lonxe o cal o porteiro Patacón non puido facer nada: 2-3. Pero esto inda non remataba asi e os primos marcaron de novo outro gol os cinco minutos do final 3-3. O encontro estaba case a rematar e Rubén tras irse de un defensa bateu o gardamallas Patacón e deulle o triunfo o atlético que acabou pedindo a hora!!!

Sinalar que foi baixa neste partido a xa coñecida máquina dos primos “rubio” o cal se contrarestou ca ausencia no atlético do artimañas “juan jose santás”!!!

A vindeira xornada teremos outro duro partido as 7:45 da tardiña: Pub Palmera-Atlético Pipote  ata entón amigos!!!

(17/11/2008)

As baixas no atlético deciden o derbi

O derbi entre asociacions veciñas ganouno o cruceiro por 4-1. O remate da primeira metade o marcador era de 1-1 pero nada puido facer o atlético posto que o cruceiro contaba con todo o plantel para o encontro. Sinalar por último que as duas estrelas do pipote non estiveron no terreo de xogo por lesión o cal se ve reflexado no resultado!!!

A vindeira xornada será o sábado 15 de novembro as 4:45 contra outro dos grandes desta liga: Os primos-atlético pipote!!!

aburiño (12/11/2008)

Victoria do atlético tras un duro partido!

Partido moi complicado contra o segundo clasificado “colinas”. Comenzaba o encontro sen un claro favorito para levarse os tres puntos. Corrían oito minutos de xogo cando o artimañas “juan josé sántas” inaguraba o marcador a favor do pipote 1-0. Minutos despois o colinas empataba o encontro 1-1. Quedaban moitos minutos e o rival era moi duro. Xa cara o final da primeira metade “kike” dun forte tiro puxo o 2-1 no electrónico!!!

Na segunda metade volveu aparecer “juan josé santás” que tras unha xogada persoal bateu o porteiro 3-1. O colinas intensificou o ritmo de xogo disparando repetidas veces asta conseguir o 3-2. Todo estaba sen decidir ata que de novo “kike” marcou outro tanto e levou os tres puntos o casilleiro do atlético.

O resultado final foi 4-3!!!

Aora si que chega o dia do gran partido (cenas e apostas de por medio) entre as dúas asociacions veciñas e dicir cruceiro-pipote………..será o sábado dia 8 as 7:45 do serán.Alí nos veremos entón dentro de dúas semanas veciños,este fin de semana non abrá liga co cal estaremos todos con mais forzas para a gran cita “CASTAÑAZO 2008″.

un saudiño e vemonos no castelo!!! (27-10-2008)

O Pipote 5 – Arras 7

Neste partido os xogadores do atlético estiveron moi desconcentrados. Ó pouco de comenzar o encontro adiantouse o arras no marcador,minutos despois Kike fixo unha xogada persoal e empatou o partido. Cara o final da primeira metade o Arras anotou seis goles mais aproveitando a total desconcentración dos nosos xogadores. Xa na segunda metade o atlético puxolle algo mais de ganas e marcou catro goles para axustar  o electrónico!!

Decir que a nova incorporación nas filas do atlético é Jose, mais coñecido como “Pataco”!!

A vindeira xornada visitanos o segundo clasificado ” Colinas” as 19:45 do serán!!! un saudiño.

(21/10/2008)

Nodaiga 3 – O Pipote 1

Partido moi intenso no que se adiantou o nodaiga cun gol de Borrajo. Logo duns minutos Kike empatou o encontro para o atlético e fomonos o descanso. Na segunda metade aumentou a intensidade do xogo e xa cara o final do choque apareceu a bruxa da sorte nodaiguense para meter dous goles,un de Carliños e outro de javi e levarse os 3 puntos!!!

Decir que o pipote plantoulle cara os campeóns durante os corenta minutos e esto non quedará asi dado que nos veremos no partido de volta. A vindeira xornada xogaremos contra  outro oso duro de roer o buratiño-arras as 16:00 horas.un saúdo!!

Coa xornada rematada vemonos o sábado nese tan esperado partido!!!

(12/10/2008)

O Pipote demostrou ser un equipo de primeira!!

NOTA:O comité de organización da liga local de Maceda decidiú a última hora meter “O Pipote” na élite da competición para garanti-lo espectáculo!!

CAPITOL 3 – O PIPOTE 3

Comenzou a liga local e o pipote debutou  con un empate moi traballado. Corría o minúto sete de partido cando o “capitól” se puxo 1-0 no marcador pero non tardou en aparecer o artimañas Juan José santás para igualar o encontro 1-1. Logo duns minutos o “capitól” metía o 2-1 e a continuación o 3-1. O encontro pintaba mal hasta que balbi anotou a 2-1 a pase de Juanito. Non nos viñemos abaixo e xa cara o final do choque apareceu Seguín para por o 3-3 definitívo!!

A segunda xornada visitaranos o campeón da tempada pasada “Nodaiga” que xa saben o que lles pasou o ano pasado, polo tanto será un partido de revancha. Decir que o vindeiro partido estará presente a estrela adquirída polo pipote ; “Kike”.

Olvidabame sinalar que unha vez mais o arbitro “Paco” estuvo en contra do pipote sinalando 3 dobles penantis  os cales foron detidos polo noso gardamallas “Ruben”. Tamén expulsou a Seguín por protestar………..segue asi Paco!!

Sen mais que contar vémonos o sábado no clásico dos clásicos Nodaiga-Pipote.  Un saúdo!!

(05-10-2008)

“O Pipote” 2008-2009

Moi boas noites a todos dende a sede do Atlético Pipote. En breves dará comenzo a liga local e este ano xogaremos inxustamente en segunda división. Loitaremos sen dúbida polo primeiro posto para lograr o ascenso de categoría!!

No presente plantel teremos tres novas caras: por un lado o cancerbeiro (Rubén) todo un seguro baixo os paus, polo outro o xa coñecido mago do balón (Tino). Pero esto non rematou xa que a gran estrela adquirida polo clube é o inconfundible (Kike) que xunto co artimañas Juan José Santás formará o ataque do atlético!!

A indumentaría será a da tempada pasada agás o cambio de pantalóns brancos por negros para vestir asi de punta en branco!!

Salientar que este ano luciremos unhas sudadeiras grazas a colaboración de “bar O Pincho” e a sua dona Manola!!

Estas son as novidades que temos. Mantereivos informados o comezo da liga!!

Un último apunte…………………..este ano a muerte!!

Un saúdo dende “O Pipote”.

(13/09/2008)

Intro

O noso querido amigo Marcos Gómez Gómez (Panucci), candidato á presidencia da asociación e comentarista deportivo local, está traballando moi duro para deleitaranos coa súa xa coñecida sección: Atlético Pipote (actualmente crónicas do Pipote).

Nela contaranos as mil e unha aventuras  do noso equipo no pavillón polideportivo de Maceda cada sábado. Mentres podedes descargar a temporada pasada no enlace  que temos a continuación:

Temporada “Atlético Pipote” 2007-2008

A temporada 2008-2009 promete… vamos Marcos!!