Posteado por: panuccimaceda | Septiembre 5, 2008

Festa da Historia…Ribadavia 2008.

Un ano mais “o pipote” estivo en Ribadavia na festa da historia dándoo todo dende as seis da tarde do sábado ata a mañanciña do domingo. Logo de montalas tendas e darse un chapuzón no río comemos un bocado e metemonos de cheo no casco histórico repleto ata a bandeira. Son moitos os recordos tales como a praza cantando “que bote,que bote,que bote o pipote” , o señor das hamburguesas ou as 27 veces saltando a comba entre outros moitos!! Po vindeiro ano alí volveremos a estar sen dúbida!! un saúdo a esa xente en nome de “o pipote”, grazas!!

Ahí van unhas FOTIÑOS do evento!

Posteado por: diegodf | Agosto 20, 2008

“As festas de Maceda son altamente adicitivas”

Ese era o lema das nosas camisetas das Festas das Neves deste ano, que por certo foron bastante acertadas, xa que todos quedamos con ganas de máis festa (para variar). Á xente gustaronlle moito,e por un día a coñecida marca de cigarrillos, converteuse no medio para dar a coñecer a nosa asociación: O Pipote, e o noso pobo: Maceda. Así que non descartamos lanzar unha nova tirada se as peticións seguen como hasta agora. Os pipotes de viño que as acompañaron o venres das festas, conducidos polas rúas de Maceda adiante polo noso querido amigo “Panuchi”, fixeron que O Pipote estivera unha vez máis dando guerra na praza do pobo, acudindo á cea popular, da que por desgracia todos os integrantes que acudimos a ela quedamos moi a disgusto. A comida chegou tarde, mal, e nunca. Tras case 2 horas de espera en balde, o bar da Manola serviu unha vez máis para calmar o noso apetito.

Este ano o deporte tamén estivo presente nas festas. O Pipote, xunto coa nosa asociación  veciña O Cruceiro, organizamos un pequeno torneo de bolei-praia, que tivo lugar nas piscinas do pobo nada máis comezar as festas (para que non todo sea troula). Tivo unha gran acollida , xa que participaron máis de medio cento de persoas, e repartíronse un total de 300 euros en premios.

Cabe destacar tamén , a gran acollida da orquesta Ledicia que gustou a novos e non tanto, así como a xa coñecida ruta que os Festicultores fan pola rúa principal. Foron unhas festas moi movidas, con xente de disitintos lugares da península e na que os nosos pipotes de fóra (andaluces, cataláns, vascos..), voltan para gozar das festas de Maceda a tope! Este ano os das brigadas tamén felices porque non arde nada (moito mellor así)!

E tralas neves chegou a Feira Medieval, que encheu a rúa do medio e arredores de postos  de artesanía e productos vencellados, e na que  non faltaron as míticas pulseiras e avalorios. Os concertos folk e o préstamo de disfraces medievais do Concello, déronlle un gran punto a favor á feira que non estivo nada mal e estamos seguros que o vindeiro ano terá unha maior acollida aínda.  O verán contínua e non dá rematado! As festas dos pobos de arredor de Maceda séguennos tentando cada noite a deixar a cama sola,e  aínda nos quedan as novenas e a metade de Agosto! Para os máis futboleiros, decir que pronto volverá a estar activa a nosa sección de Atlético Pipote, na que o noso colaborador habitual (M.G.G.) pronto vos detallará as últimas novas e fichaxes de última hora do Atlético Pipote.

E polo momento nada máis que dicir,eso si,  non deixedes de visitar :

” www.OpipoteMaceda.Tk “

Saúdos pardales!

Posteado por: panuccimaceda | Agosto 18, 2008

70 litros de viño para os máis atrevidos!

A asociación “O PIPOTE” estivo presente o venres das festas con dous pipotes de viño blanco e tinto para invitar a todos os presentes alí!. Sobre as 6 da tarde o carro cos pipotes saíu da asociación para dirixirse ata a praza do pobo e comezar asi as festas das neves!!

Foron moitos os que degustaron o bo viño. Ó remate da festa sobraron 20 litros que foron repartidos entre os nosos amigos e asociacions veciñas!!

O vindeiro ano as pipas de viño volveran a ser as protagonistas do     venres das festas e pasaremos de 70 litros a 170!!!

Un saúdo en nome de “O PIPOTE” !

Posteado por: Adrián(Ñ) | Agosto 5, 2008

Entroido Quente 2008

E como estaba previsto o entroido foi todo un exito. Aqui vos deixo as fotos de algúns dos integrantes do Pipote neste Entroido Quente. Pronto haberá máis.

Entroido Quente 2008 (1ª parte)

)

Posteado por: panuccimaceda | Julio 16, 2008

ENTROIDO QUENTE

O 26 de xullo será o tan esperado entroido quente organizado pola asociación “O CRUCEIRO”. As 6 da tarde dara comenzo o rali do humor no que participaran 15 equipos cos seus integrantes (3 ou 4) totalmente disfrazados!!! Todos estes cenaran na praza das toldas (invitación da asociación o cruceiro) e degustaran o licor café de victor domínguez (gasolinas). O remate a actuación corre a cargo dos grupos DURUNDATU e KOGITO. A festa seguirá nos bares e locales da vila ata que o corpo aguante!!!

Un saúdo veciños…….alí estaremos!!!

EnTrOiDo QuEnTe…………………íMoLa ArMaR gOrDa

Posteado por: panuccimaceda | Julio 6, 2008

Seguimos de Maratón

Despois do intenso maratón celebrado no pavillón de Maceda a pasada fin de semana, a nosa asociación segue dando guerra participando e obtendo o 4º posto e o seu correspondente trofeo, no torneo de fútbol 7 que tivo lugar o sábado 5 de xulio en Xunqueira de Espadañedo como motivo das festas de Santa Isabel.  Noraboa rapaces!! A clasificación foi a seguinte:

1º Arrás Differ; 2º Pub Palmera; 3º Colinas F.S.; 4º Atlético Pipote

Recordámosvos que o gañador do maratón que organizou ”O Pipote” foi o equipo ourensán “Seguros Totó” que recibiu un premio que finalmente ascendeu ós 1.400 euros máis o seu trofeo. Os resultados foron:

 
1º  Seguros Totó :     1.400 € + Trofeo
2º Bar O Pino: 600 € + Trofeo
3º Os Rumbeiros: 150 € + Trofeo
4º Trives F.S.: 150 € + Trofeo

Queremos agradecer a todos os equipos a súa participación e esperamos contar con eles para o vindeiro ano. Cabe destacar a presencia de Mister Universo que se uniu ó noso maratón , xogando có equipo Ferretería Venacio de Xinzo de Lmia. O noso agradecemento tamén a todos os empresarios da vila e colaboradores que puxeron da súa parte para que se levase a cabo.

Deixámosvos cunhas fotiños do Maratón MACEDA 2008: Pinchade AQUÍ.

Un saúdo a todos e grazas por facer posible este evento.

Posteado por: diegodf | Junio 27, 2008

Arranca o Maratón!!

Esta fin de semana no pavillón poderedes ver os seguintes equipos participantes, procedentes de toda a provincia de Ourense:

Posteado por: diegodf | Junio 11, 2008

” Maratón Fútbol-Sala Maceda 2008 “

Posteado por: pipote | Junio 7, 2008

Sábado 14 : Festa da Tapa en Chaioso

Terá lugar a tarde do próximo Sábado día 14 de Xuño en Chaioso, e por 1,5 € poderase degustar unha tapa co seu inseparable viño. Ademais televisarase o partido para que non perdades unha!

Posteado por: diegodf | Mayo 29, 2008

Actividades do día das Letras.

O Día das Letras Galegas, a asociación O PIPOTE estivo presente realizando todas as actividades programadas, como foron o intercambio de libros en galego, que tivo lugar pola mañá na Praza das Toldas, ou a proxección de curtametraxes pola tarde no edificio da Biblioteca. PINCHADE ESTE ENLACE para ver as FOTOS.

Posteado por: diegodf | Mayo 27, 2008

As Nosas Fotos.

Para aproveitar mellor o  espacio da web, e para que vos resulte máis sinxelo acceder a todo o material fotográfico, agrupamos a continuación todas as galerías de fotos publicadas ata o momento. Click en cada un dos bloques para ver o seu contido:

Lazamanía ,  Portonovo 07, Variado (boi Allariz, chepas…).

Entroido 2008,  S. Froilán, cumpleanos Diego Prol.

-Fotos ”Festa das Olas” publicadas en MacedaVirtual  (Fotos da 78 a 87) .

- Maceda-Lugo, Magosto Concello 07.

-Partido da Selección 2007, Magosto Don Franque 07, Cumple Laude 07, Veráns: 2006-2007.

-Fotos ata 2004: máis de 240 fotos.

Dende a asociación agradecémosvos a todos a vosa colaboración.


Posteado por: pipote | Mayo 12, 2008

Pancarta asociación “O Pipote”

Posteado por: pipote | Mayo 12, 2008

O Pipote apoiando ás motos.

Posteado por: pipote | Mayo 5, 2008

O PIPOTE no Día das Letras Galegas

Posteado por: diegodf | Abril 10, 2008

“Cinco Bajo Cero” no Delirium.

Éste sábado 12 de Abril,  no pub Delirium de Maceda , celebraremos o seu segundo aniversario coa actuación en directo do grupo “Cinco Bajo Cero”.  Alí nos vemos pipotes!

Posteado por: diegodf | Abril 3, 2008

Novo Apartado: “Atlético Pipote”

A partir de hoxe está activo éste novo apartado adicado ó equipo de fútbol desta asociación: o “Atlético Pipote” da liga local de Maceda.  E para informarvos de esto, quen mellor que un dos membros da asociación e xogador do propio equipo: Marcos Gómez “Panucci”, que ó pé do cañón vive intensamente tódalas xornadas deportivas. Das súas mans recibiredes toda a información relevante relacionada cós resultados xerais e evolución do equipo na liga local , observacións, fichaxes, sancións, etc…

Posteado por: kkintas | Marzo 29, 2008

Campionato de Xadrez

Onte comezou no cafe-bar Ambigu as 7 da tarde o 1º Campionato de Xadrez celebrado neste bar.Son 32 os participantes que se animaron nesta 1ª edicion do campionato, que loitaran por faerse coa victoria, que tera como recompensa un xadrez exclusivo feito a man.O 2º,3º,4º clasificado tamen teran a sua recompensa con cadanseu xadrez.

A asociacion xuvenil ”o pipote” enorgullecese de ter entre as suas filas a un

destes participantes que pode estar chamado

a ser o novo campion. Dende “o pipote” so nos resta desexarlle o mellor representando as nosas filas.

Posteado por: diegodf | Marzo 26, 2008

Batanando.

O próximo Venres 28, ás 8 da tarde no Castelo de Maceda, terá lugar a presentación do libro “Batanando“.

Nel, o seu protagonista, o coñecido artesán de Maceda, Alfonso Blanco (“Fonso” para os amigos), embárcase no laborioso proceso de elaboración dunha albarda.

Coas súas propias mans e axudándose de escasos útiles, de xeito tradicional,

como adicou toda a súa vida, móstranos detalladamente éste proceso que actualmente

está en extinción, debido á sociedade tecnolóxica actual.

Todo isto, vai acompañado de multitude de fotos de calidade, así como escritos de coñecidos autores vinculados á vila de Maceda, e da propia autora, Uxía Caride, e neta do artesán, que coñece de primeira man o mundo do que nos fala.

Unha gran oportunidade para coñecer mellor ésta complicada e meritosa labor, e abordar na cultura galega con contidos audiovisuais e experiencias do propio protagonista, que terán lugar o Venres, ás 20:00 no Castelo.

Máis que recomendado…

Posteado por: pipote | Marzo 17, 2008

Vento en popa

A tarde do día 17 de Marzo, a Asociación “O Pipote” recibiu definitivamente as chaves da súa nova sede

ubicada no piso superior do edificio da biblioteca municipal.

Esa mesma tarde comezouse a trasladar o mobiliario,

e convocouse unha reunión urxente para mañá Mércores 18 de Marzo, ás 4 da tarde.

Trataranse temas como a posta en común da distribución do espacio; a inversión do fondo económico do que se dispón ata a data;

intentarase fixar a cota mensual definitiva, e comezar coa preparación da inauguración,que si todo vai ben, poderá

ser finalmente ésta mesma semana.

Comeza unha nova etapa para a asociación.

Posteado por: diegodf | Febrero 25, 2008

Un adiantiño…

Presidente e integrantes da asociación O PIPOTE , visitan o futuro  local que o concello de Maceda cederá á asociación, e debaten sobre

a súa estructuración interior, que se dotará nun futuro próximo

das últimas tecnoloxías.

A asociación pasará así a estar en igualdade de condicións das outras

dúas asociacións xuvenís máis activas

de Maceda (asoc. O Cruceiro e Maçaeda de Limia) que xa dispoñen dende hai tempo, e no mesmo edificio, de sede de reunión propia, permitindo así unha futura relación constante entre éstes 3 activos grupos xuvenís do pobo.

Pronto haberá máis novas…

Posteado por: diegodf | Enero 30, 2008

“Festa das Olas” – Domingo de Entroido (3 de Febreiro)

A  Asociación “O Pipote” organiza  a primeira “Festa das Olas” , que terá lugar o próximo Domingo en Maceda. O xogo consistirá en lanzar ó aire multitude de “olas”, que volarán de man en man, ás que previamente se lles incluirá todo tipo de “recheos”; resultando así perdedor a quen se lle esvare das mans e pete a “ola” contra o chan. A diversión está asegurada…

Posteado por: diegodf | Enero 7, 2008

Vivamos como galegos!!(2ª parte)

Novo vídeo da saga:


link do video en youtube 

E a primeira parte:

link do video

Posteado por: diegodf | Enero 4, 2008

Traerán carbón??

Posteado por: Adrián(Ñ) | Diciembre 31, 2007

Que bote O Pipote (by Olucas)

Olá pipotes!
Eiquí vos deixo un enlace que de seguro vos vai gustar:

Que bote o pipote!!


http://video.google.es/videoplay?docid=509825838012361719&hl=es

Espero que na vindeira ocasión volvades a organizar a viaxe e que sexamos moitos máis.
Un saúdo.

Posteado por: diegodf | Diciembre 29, 2007

Maceda cá selección – “O Pipote” en Balaídos

O pasado día 27, dous autobuses saíron de Maceda  cára Vigo, para presenciar o encontro entre a selección Galega e a selección de Camerún.

A viaxe organizada pola asociación xuvenil O PIPOTE foi todo un éxito.

Maceda estivo presente en todo momento dende os momentos previos

do inicio do partido ata varias horas tras o remate acudindo ás actuacións

musicais programadas, e animando sen tregua á nosa selección.

Ver Galería de fotos do partido 

« Entradas Recientes - Entradas antiguas »

Categorías