Posteado por: diegodf | diciembre 28, 2011

=)

Posteado por: diegodf | junio 30, 2009

MARATÓN FUTBOL-SALA “MACEDA 2009”

EQUIPOS PARTICIPANTES:

PUB BARTOLO (castro caldelas).
JUAN BALLENA Y SUS CHICOS (maceda).
PUB QUE+DA (xinzo de limia).
OS CHARLIS (maceda).
VILAR DE SANTOS (vilar de santos).
PREFABRICADOS FEIJOO (ourense).
CELANOVA MOTOR (celanova).
BARONZAS (xinzo de limia).
BOINAS (ourense).
BAR FUTURO (ourense).
BAR COVADONGA (ourense).
FERRETERÍA VENANCIO (xinzo de limia).
STEAUA DE MONDARIZ (maceda).
ATLÉTICO PIPOTE (maceda).
TRIVES F.S. (trives).
TARINCO F.S. (ourense).
PANADERÍA LOÑOA (loñoa).
CAPITOL MACEDA (maceda).
VERÍN F.S. (verín).
PUB SYMBOL (ourense).

cartel maraton

RESULTADOS:
A=Ballena y sus chicos 4 – Os charlis 2 : Os charlis 3 – Ballena y sus chicos 4 : Clasificado= JUAN BALLENA Y SUS CHICOS.
B=Pub Bartolo 3 – Vilar De Santos 6 : Pub Bartolo 3 – Que+da 7 : Vilar De Santos 4 – Que+da 4 : Clasificado= QUE + DA.
C=Prefabricados 5 – Celanova 7 : Prefabricados 12 – Baronzas 3 : Celanova 4 – Baronzas 4 : Clasificado= CELANOVA MOTOR.
D=Boinas 2 – Bar Futuro 1 : Bar Futuro 7 – Bar Covadonga 3 : Bar Covadonga 5 – Boinas 1 : Clasificado= BAR FUTURO.
E=Venacio 6 – Steaua 1 : Steaua 3 – Pipote 4 : Venancio 5 – Pipote 0 : Clasificado= FERRETERÍA VENANCIO.
F=Trives 3 – Tarinco 5 : Trives 1 – Loñoa 6 : Tarinco 1 – Loñoa 2 : Clasificado= PANADERÍA LOÑOA.
F=Capitol 4 – Verín 1 : Verín 1 – Pub Symbol 5 : Capitol 4 – Pub Symbol 1 : Clasificado= CAPITOL MACEDA.

Segundo Mellor= VILAR DE SANTOS= 4 Puntos.

OCTAVOS DE FINAL:

JUAN BALLENA Y SUS CHICOS 4 – Panadería Loñoa 2.
QUE + DA 5 – Ferretería Venancio 4.
Celanova Motor 1 – CAPITOL MACEDA 7.
BAR FUTURO 3 – Vilar De Santos 1.

SEMIFINALES:

Juan Ballena y sus chicos 2 – CAPITOL MACEDA 3.
QUE + DA 5 – Bar Futuro 4.

3 Y 4 PUESTO:

Os equipos decidiron repartir o premio e xogarse o trofeo a penaltis resultando gañador o Bar Futuro.

FINAL:

CAPITOL MACEDA 4 – Que + Da 1.

1= CAPITOL MACEDA : 1200 EUROS + TROFEO.
2= QUE + DA : 600 EUROS + TROFEO.
3= BAR FUTURO : 150 EUROS + TROFEO.
4= JUAN BALLENA Y SUS CHICOS : 150 EUROS + TROFEO + AGASALLO.

MELLOR EQUIPO LOCAL : JUAN BALLENA Y SUS CHICOS : 120 EUROS.

MELLOR PORTEIRO : O DO CAPITOL MACEDA.

MÁXIMO GOLEADOR : UN DO CAPITOL MACEDA.

A “Asociación Xuvenil O Pipote” saúda a todos os equipos participantes no maratón.Esperamos contar con todos vós,na que,de seguro será a vindeira edición “Maratón Maceda 2010”.
Decir tamen que lamentamos as duas lesions sufridas polos xogadores do equipo Que + Da , oxalá non sexa nada e vos recuperedes pronto.
Por último mando un saúdo persoal os cinco fenomenos do Ferretería Venacio que despois de caer eliminados nos octavos de final estiveron alí presentes animando o evento ata o final jaja ….os mellores sen dúbida.Pois isto foi todo e ata o vindeiro ano.Aburiño.

Posteado por: diegodf | mayo 18, 2009

Maratón Futbol- Sala: Maceda 2009

“O Pipote ” organiza en Maceda, e por segundo ano, o Maratón de Fútbol-Sala que terá lugar os días 27 e 28 de Xuño no pavillón polideportivo da vila. Tódolos equipos que desexen participar , poden contactar cós organizadores , acudindo ó local social do Pipote, no 2º andar do edificio da Biblioteca Francisco Carballo de Maceda, ou ben contactar con algún dos seguintes teléfonos:

680 353 338

649 392 167

628 405 900

Podedes poñervos en contacto tamén a través da conta de correo electrónico: opipotemaceda@gmail.com

Os premios, este ano cun premio a maiores para o mellor equipo local, podédelos ver no cartaz do maratón a continuación. Pronto ofreceremos mais novas sobre os equipos participantes e demais detalles.

cartel maraton

Posteado por: Adrián(Ñ) | febrero 17, 2009

Fotos Do partido da Selecion 2008

Bueno pos mais vale tarde que nunca, aqui vos deixamos as imaxes do partido de da nosa selecion en Riazor…

(preme na imaxen ou copia o enlace e colocao no teu navegador)

http://www.23hq.com/ñpipote/album/3796066100_0938

Posteado por: pipote | enero 28, 2009

2ª Festa das Olas

O Sábado 14 de Febreiro, có Entroido a piques de caer, a asociación O PiPote celebrará a ” 2ª Festa das Olas” na Praza das Toldas de Maceda.  A cita será a partires das 6 da tarde, e os presentes acudirán ataigados cós seus disfraces para participar no “Xogo das Olas” , que consiste en lanzarse polo aire uns a outros as “Olas” artesanas recheas de todo tipo de sorpresas. O menos mañoso, será penado cando menos, pagando unha rolda de viños para o resto dos participantes. Ante a boa acollida que tivo o ano pasado, a asociación contará de novo con animación musical en directo (aínda sen concretar) así como viño, licor, empanada, pinchos… Unha tarde de diversión e risas asegurada. Achégate e  participa, pero vélate para non romper ningunha ola, ou vai preparando a “pita” !!

olas2

Posteado por: panuccimaceda | enero 17, 2009

Xa FaLtA pOuCo…………….LaZa

Queremos dedicarlle un oco na nosa páxina ó entroido de Laza. Un ano máis, membros da asociación “o Pipote” xunto con amigos e achegados desprazarémonos ó noso pobo veciño para participar no dia grande “o Luns de Entroido”!!!
Xa pola mañá meterémonos de cheo na praza da Picota a participar na farrapada ata non coñecernos uns a outros. Logo dunha intensa mañá hai que repostar enerxía na tenda de alí abaixo non sen antes pasar polo forno do pan. Tampouco me esquezo da señora que nos pon a bica na ventá e nos insiste en que pikemos dela, que ben boa que estaba por certo,moitas grazas!!
Logo de repoñer forzas percorremos os bares do pobo degustando o licor café de cada un deles non sen antes faerlle unhas tiradiñas o “chimpa o cacique”  jaja!!
Contra a media tarde subimos ata “cima da vila” onde xa hai alguns “peliqueiros” e “a morena” preparada para encher de formigas a multitude da picota!!
Logo dun intre baixamos ata a abarrotada “picota” na que momentos despois aparecen os “peliqueiros” seguidos pola “morena” que cisca millóns de formigas o seu paso!!A praza e unha festa ata ben entrada a noite!!
“O Pipote” sempre con Laza.  Aburiño!!

Posteado por: pipote | diciembre 26, 2008

Última Hora!

Os 3 autobuses que irán a Riazor mañá Sábado 27, sairán ás 15:30 h.  da Cafetería Castillo (Maceda)

Boa viaxe, felices festas e mellor partido!

Posteado por: diegodf | diciembre 22, 2008

Riazor vaite preparando…

Queridos “Pipotes” e amigos, queremos recordarvos que éste sábado día 27  sairemos dende Maceda para presenciar o gran encontro: o partido da selección galega. O estadio de Riazor tremerá coa actuación do Pipote e os seus colegas, que non pararemos nin un intre animando e festexando por todo o alto. A gran festa está ó caer, e dende  a asociación xa temos todo listo.

Como novedades a resaltar, podemos citar o cambio de contrincante masculino que finalmente será a selección de Irán, en lugar de Chile, e o contrincante femenino que tamén sufre variación:  neste caso o novo rival será Illes Balears, en lugar de Euskadi. Lembrámosvos que aínda podedes facer a reserva da vosa praza na Cafetería Castillo ata o día 25.

Seguide atentos porque  pronto publicaremos os horarios de saída dende Maceda cara A Coruña e as posibles paradas en Ourense.

¡¡¡¡Felices Festas a todos en nome da Asociación Xuvenil Cultural “O Pipote”!!!!!

Cartaz definitivo:

dibujo1

+ Información: Web Oficial do encontro

futbol-une

Vídeo promocional do partido:

A Coruña – Riazor

panoramica_de_la_corunan_deportivo_de_la_coruna_riazor-2773

Posteado por: diegodf | noviembre 25, 2008

Partidazo 2008: Selección Galega contra Chile

A asociación O Pipote organiza a viaxe ó partido da selección como xa é sabido por todos vós. Unha viaxe que é todo un éxito e que vai xa pola súa 3ª edición,reunindo a xente de tódalas idades de Maceda e arredores, para transportalos cara un espectáculo que cada ano se disputa nos mellores estadios da nosa comunidade. Será un partido intenso e de calidade entre a nosa selección e a selección de Chile, que de seguro competirán ó máximo neste derbi para deixar a súa nación por todo o alto.

Neste caso será un encontro que terá lugar na cidade da Torre de Hércules, no estadio de Riazor. Será o sábado 27 de decembro, e partirán os autobuses dende Maceda cara A Coruña, na tarde dese mesmo día para voltar ó finalizar o evento.  Os horarios ata o momento están sen fixar. Seguramente faremos unha paradiña nas Lagoas para que se sumen a esta festaza do fútbol os nosos siareiros ourensáns.

Polo momento podedes ir reservando a vosa praza na Cafetería Castillo de Maceda ata o día 25 de Decembro, no que se pechará finalmente o prazo de inscrición.

Viaxe ida e volta + Entrada ó partido = 12€uros

Non lle falles á “Festa do Fútbol: Diversión asegurada, Espectáculo de 1ª!!!”

partidosellec

O Primeiro ano…..           1 bus

Segundo ano….              2buses

Terceiro ano…. ¿3 buses?

Posteado por: Adrián(Ñ) | noviembre 22, 2008

Mais fotos do Castañazo 08

Aqui vos deixo outras fotos do Castañazo, pouco a pouco iremos ordenando todo e pondo masi fotos si e posible.

46 Fotos + doCastañazo o8

Posteado por: diegodf | noviembre 15, 2008

4 VIDEOS e álbum de Fotos : Castañazo 08 Maceda (actualizado)

Pois si, da man da Rede Galega de Locais de Ensaio , en concreto dende a sua web Nsaio (www.nsaio.com), chéganos uns vídeo do noso Castañazo 08 de Maceda. Disfrutade desta marabilla todos, tanto os que estivestes ó pé do escenario como os que non tivestes o privilexio de estar con nós este día tan especial.

Para ver o vídeo entrade na súa web picando AQUÍ.

nsaio

O vídeo está agora mesmo na páxina principal, mais adiante será movido á súa zona de vídeos multimedia.

Ademais, o prometido: unhas fotiños que non veñen nada mal. Gazas a todos os que colaborastes!!

Galería de Fotos Castañazo 08´. Pica para ver a fotos.

Entrevista e Novo vídeo de LA CX Band no Castañazo 08´de Maceda:

Pica este enlace! (video + entrevista)

cxbandvideo

Entrevista a Guezos no Castañazo 08 de Maceda:

Pica este enlace para ver o vídeo e a entrevista!

guezoscastanazo

Bonus: outro video de regalo: Sin Konzienzia en Maceda (Castañazo 08):

Posteado por: pipote | noviembre 14, 2008

Nunca Mais: xa van 6 anos.

  1. nuncamais

20070924klpcnafyq_308iesscoanimales-9

Posteado por: pipote | noviembre 3, 2008

Crónica do “Castañazo 08”

Eran as 11 a.m. do día 1 de novembro e algúns integrantes da asociación O Pipote xuntabámonos no recinto do magosto alternativo. Estaba chovendo. Pouco pero chovía, e pola noite anterior tamén caeron bastantes gotas.

Esto non pintaba nada ben e non tiña pinta de parar. O palco xa estaba montado e a carpa e o toldo do bar tamén. O plan B, por si chovía (que non coincidía coa previsión obtida anteriormente), era inviable por falta de tempo material, tanto para montar unha carpa xigante para a chuvia, como trasladar todo o conxunto a un polideportivo cercano.

Os operarios e técnicos de luces e son de Prosoda, que se acercaron ó lugar ó mediodia para comenzar a montaxe de todo o equipo non estaban convencidos. A chuvia intensificábase. “Non podemos montar así chovendo, é de tolos ,e ademais hai risco de calambrazos e curtocircuítos pola auga“. Os pipotes desanimados non deixabamos de mirar ó ceo e ver como as nosas ilusións e esforzos se botaban a piques.

“Ás tres da tarde, volveremos ó recinto todos xuntos e tomaremos unha decisión “. O tempo pinta moi malo.

Un pouco antes de esa hora a chuvia cesaba. O ceo nubrado parecía escoitar as nosas suplicas e dábanos un receso. As 3.00 p.m. , a pesares da inestabilidade meteorolóxica decidimos arriscalo todo a dobre ou nada. Estaban en xogo moitos cartos e esforzos de todos nós.

Os técnicos comezan a montaxe do equipo de luces e son no escenario do Castañazo, e o ceo, a medida que avanza o día, vai clarexando chegando incluso a saír os raios de sol por uns intres. O milagre do Castañazo será recordado por todos nós. “Chove en todos os lados menos en Maceda”, decían algúns. Era incrible pero certo. As previsións metereolóxicas para o día volvían polo seu cauce. As ilusión voltaban a todos nós e retomábamos con máis forza que nunca a organización ultimando todos os detalles.

Comezan a chegar os grupos: Cuchufellos son os primeiros seguidos de Guezos. Máis tarde chegan as bandas de Madrid: La Cx Band e Sin Konzienzia. Comezan tamén as probas de son de todos os grupos por orde inversa á actuación, durante toda a tarde.

Os da asociación non paramos, de aquí para alá. Non podiamos creer que todo estivese a punto. Comeza a congregarse bastate xente, entre artistas e demais curiosos.

Son as 8 p.m. e no recinto hai bastante movemento, sobre todo na zona do Bar. De alí a un pouco comezan a tocar os Sin Konzienzia tra-la presentación conxunta de Carlos e María. A xente está famenta. Decidimos comezar a dar de comer ás 8.45 p.m.

Os comensais vanse situando na zona de mesas cuberta cunha carpa habilitada para tal fin, e van servindose dos pipotes o viño para que a empanada e chourizo baixen mellor. De postre bica e licor café de casa. Non deixa de chegar xente e mais xente. Esto é un non parar.

Fogatas, pulpeiro, zona de bar, carpa para a zona de comida, escenario cuberto con prolongación e carpa para o técnico de son. Todo perfactamente montado e distribuído.

Servíronse máis de 350 menús, e aproximadamente 600 persoas pasaron polo Castañazo 08´ de Maceda na súa primeira edición ó longo de toda a xornada festiva. Algo que superou toda previsión. O Bar tivo que ser pechado ás 3 a.m. do domingo por esgotarse absolutamente todo, ata a última botella de whisky e botellin de cervexa. A xente estaba sedenta, e é que un evento así non se vive tódolos días.

En resumo: todo un éxito. Algo inesperado. Todo saíu realmente ben e a xente estaba moi contenta: integrantes da asociación, colaboradores, artistas, comensais e espectadores…todos moi satisfeitos.

Os concertos foron tamén todo un exitazo, resaltando a participación do público, especialmente no de Cuchufellos, na que moitos dos alí presentes se subiron ó escenario para sacar fotos cós artistas e como non, para cantar: “Que bote, que bote…que bote O PIPOTE!!” . A animación que tivo lugar no Bar ó remate dos concertos tampouco estivo nada mal e mais de algún escachaba coa risa.

Unha nova forma de revivir as Noites de Folk, có Castelo como fondo e na época dos magostos e do noso patrón de Ourense, o San Martiño.

Pronto teredes unhas fotiños do Castañazo 08´.

Non podemos despedirnos sen decir que xa estamos traballando para a próxima edición, así como a viaxe para o partido da  Selección Galega que terá lugar moi pronto e que a asociación O Pipote de Maceda tamén organiza.

Por suposto os nosos agradecementos:

-Radio Galega

-La Voz de Galicia

-Concello de Maceda

-Maceda Virtual

– La Cx Band

– Sin Konzienzia

-Guezos

-Cuchufellos

-María Conde

-Prosoda

-Komunikando.net

-Vieiros

-Isca gz

-ghastaspista.com

-Malquemer

-Nsaio.org

-Radiofusion.eu

-silvereagles.es

-Web Santirso

-polabase.net

-…e a todos os que nos deixamos sen nomear, e que colaboraron con nós para dar a coñecer esta nosa/vosa festa. E sobre todo gracias a todos vós por estar ahí dándoo todo. Esperámosvos para o ano a todos. Seremos moitos máis e mellor!

Un saúdo e seguide atentos a http://www.OpipoteMaceda.Tk



Posteado por: pipote | noviembre 1, 2008

CASTAÑAZO 08´: 7 da tarde – Castelo de Maceda

Hoxe por fin é o gran día:

1 de novembro, as 7 da  no bosque do Castelo de Maceda : magosto alternativo Castañazo 08´organizado pola Asociación Xuvenil Cultural “O PIPOTE”. Non faltedes á cita!

Algo nuca visto hoxe en Maceda

Kit Castañazo

Deixámosvos con algunhas opinións sobre o Castañazo:

Lucas Domínguez – Presidente C.D Maceda

¿ Que che parece a idea do Festival – Magosto ” O Castañazo”?

A verdade é que se botaba de menos algunha alternativa neste sentido, falo tanto de magostos para a xuventude e no “monte”, como dun festival de música. Por iso o de xuntar estas duas cousas, e ademais facelo no entorno do “noso” Castelo paréceme perfecto. Podo lembrar espectaculares magostos cos meus colegas na zona do Castelo, porén a música sempre faltaba, bon… atá que alguén comezaba a entonar a primeira do Cuco de Velle.

¿ Que recordos che traen as noites Folk do Castelo e que comparacións e diferenzas ves co Festival que se celebrara o Sabado?

Lémbroas como algo importante e de calidade que se facía en Maceda, non son un gran seguidor da música folk, pero cando un escoitaba os nomes que pasaban por Maceda casi era unha obriga estar alí. Por suposto despois estaba o espectaculo da música en directo e un entorno espectacular. Teño a lembranza de estar deitados na herba, coa lúa chea iluminándonos dende o alto e escoitando músicos sobresaíntes, Luar na Lubre, Berrugüeto, Joao Afonso… ¿alguén dá máis?
Sobor das semellanzas e diferencias, evidentemente existen, a música é distinta, o tempo vai ir máis fresco, organizao o Pipote…jejeje. Doutra banda imos ter chourizos, viño, castañas, licor café… Non sei, o listón está moi alto, máis hai espectativas de superalo.

Alberto Outeiriño – Co-webmaster Maceda Virtual

¿ Que che parece a idea do Festival – Magosto ” O Castañazo”?

– Como todas ás iniciativas culturais e lúdicas para Maceda, véxoas sempre en positivo. Vexo unha proposta moi traballada e programada, sobre todo con moita ilusión por parte dos que vos tocou organizar. Currástedelo en moitos sentidos e a nivel mediático tamén. O eco informativo é moi importante e desexo que iso se reficta na moita asistencia de xente. Sabedes que MacedaVirtual, como con outras actividades sociais tentará transmitir esa festa ós que non puideron estar ahí.

¿ Que recordos che traen as noites Folk do Castelo e que comparacións e diferenzas ves co Festival que se celebrará o Sabado?

– Recórdoas como noites de verán nas que os macedáns e visitantes se achegaban ó castelo a pasar unha noite de boa música. En canto a comparacións, habería que esperar ó domingo para saber o que pasará nesta. Aínda que comparto o dito de que ás comparacións son odiosas, quedarse co bo de cada cousa é o importante. Diferenzas algunha xa se ve, un magosto engadido e penso que a música será máis cañeira.

Posteado por: pipote | octubre 31, 2008

1 día para o Castañazo 08´

Tan só queda un día para o Castañazo 08´. Parece mentira, tanto tempo agardando e xa está ó caer.

Fagamos un pequeno repaso do magosto alternativo da asociación “O Pipote”: O Castañazo 08´

O evento comezará en torno as 7 da tarde, e a xente comezarse a reunir na zona dianteira á porta do Castelo de Maceda, donde se atopa un área que se emprega como aparcadoiro de vehículos. Nese recinto desenvolverase toda a actividade durante a tarde-noite.  A esa mesma hora tamén se abrirá o bar e venderanse unha serie de tiques (limitados) in situ, que se trocarán polo menú do que mais adiante falaremos. A eso das 8.30 todos aqueles que adquirisen os tiques do menú, que teñen un prezo de 5 euros, poderán degustar Empanada galega, Chourizo, Pan e viño do país, Bica mantecada e Licor-café caseiro. Habilitarase unha zona para os comensais ,dende a cal tamén poderán presenciar o espectáculo musical que comenzará sobre esa mesma hora. O posto de pulpo tamén estará presente e listo para cociñarnos no caldeiro uns rabiños deste preciado molusco cefalópodo. Se non hai cambios, os grupos actuarán na seguinte orde:

Sin Konzienzia (Madrid) / Punk-Rock: Esta banda madrileña será a primeira en abrir o cartel desta pioneira edición do Castañazo. O seu estilo, Punk Rock  con matices de Ska, sen pelos na lingua e influencias de grupos como Envidia kotxina, Los Muertos de Cristo, Hachazo, Piperrak, Kortatu, La Polla Records, SA, Skalariak, Banda Bassotti… coa súa nova maqueta fresquiña, recén grabada, non dubidarán en amosarnos un directo potente para empezar a festa con forzas! Web Sin Konzienzia

La CX Band (Getafe) / Ska – Rock : Conxunto formado por 8 integrantes, e con numerosos concertos ós seus pés en Madrid e Extremadura, darán o seu primeiro concerto en terras galegas. Unha música distinta e peculiar, que nos farán bailar a ritmo de Ska , guiados por bombos, darbuka e misturando guitarras eléctricas con teclados,  trompetas e saxo. Influencias: Manu Chao, Moñoño, Kortatu… Serán os segundos en tocar que darán paso a un pequeno descanso. A súa WeB: www.lacxband.es

Guezos (Ourense) / Folk -Rock : Qué decir deste grupazo da nosa terra. Finalistas da edición de 2007 do concurso Nsaio no camiño, da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Con temas grabados nos Estudios da Radio Galega,e xa traballando no seu novo disco que de seguro nos adiantarán algo neste Castañazo 08´. Cancións roqueiras e gaitas galegas, aire festivo sen cesar, e auténtico Folk-Rock de primeira para este magostazo que nos espera. Podedes visitar a súa web e descargar os seus temas: www.guezos.com

Cuchufellos (Rep. Independente “Macizo Central”- Manzaneda) /Ska-Pachanga-Speed Folk: Pero se alguén é o encargado de amenizar a nosa festa ,son sen dúbida os Cuchufellos de Manzaneda, cós que Maceda comparte a súa ubicación xeográfica dentro deste Macizo Central. Unha unión de irmandade entre as 2 vilas da serra. Con actuacións en Madrid, Barcelona, Asturias… e xa moi coñecidos por a súa participación en festivais galegos veciños como o Reperkusión de Allariz ou Ponte Louco de Castro Caldelas, non faltarán na noite do día 1 para deleitarnos cos seus temas marchosos, e coa súa presencia que desprende festa rachada polos 4 costados. Un grupo imprescindible para desfrutar a tope deste Castañazo. Podedes descargar os seus temas e saber un pouquiño máis deles en www.cuchufellos.com

Música moi variada dentro do panorama alternativo actual, que esperemos guste a tódolos públicos.

Pero non se acaba ahí, xa que tra-la última actuación os máis verbeneiros quedaremos ata altas horas da madrugada, tomando os últimos chupitiños e pinchando música a través do noso equipo de son!!

Preparaivos para unha fin de semana intensa amigos. Ademais, o Castelo de Maceda permanecerá aberto ao público para que todos aqueles que o desexen, podan visitalo por dentro. Neste día tan especial, o Castelo será o noso fiel espectador protagonista.

Isto esta que arde, mellor dito, que queima!! vémonos no Castelo nunhas horiñas!!

Posteado por: pipote | octubre 30, 2008

2 días para o Castañazo 08´

Quedan só 2 días. Os nervios non cesan.

Comezan as primeiras tarefas de montaxe e habilitación no bosque do Castelo para que todo esté a punto para o gran día. Intalarase un escenario cuberto, co seu equipo de luces e son, do que se encargará un técnico especializado que controlará durante todo o evento o seu funcionamento. Instalarase unha zona de bar, 2 carpas xigantes para amansar o frío, posto de pulpo, zona de degustación de menú,  posto de artesanía, etc…

As prediccións metereolóxicas para Maceda, o día 1 de Novembro pola tarde noite auguran un ceo parcialmente nuboso, con temperaturas en lixeiro descenso, e ausencia de precipitacións. Contaremos cunha boa noite pero vide abrigados amigos, xa que as temperaturas estarán comprendidas entre os 0 e11 graos centígrados aproximadamente. Un bo licorciño e solucionado.

Esta mesma tarde falabamos con Xurxo Souto, no seu programa da Radio Galega “Aberto por Reformas”, que de novo nos brindaba a opotunidade de dar a coñecer o noso magostazo nun cordial coloquio. Ademais batemos un novo récord de visitas na nosa web, que supera todo precendente.

A repercusión mediática do Castañazo 08´está a ser un auténtico éxito nesta súa primeira edición chegando a importantes medios como “La Voz de Galicia” e “Radio Galega”, ademais de abarcar case 1000 entradas no buscador “Google”.

Moitas grazas a todos .

Quedan tan só , 2 días. 2 días para o gran día.

Posteado por: pipote | octubre 29, 2008

“As noites de Folk, un lume que prendeu”: quedan 3 días.

As Noites de Folk do Castelo volven 11 anos despois. Cambio de nome e de estilo, pero a esencia segue ahí presente. O Castañazo 08´de Maceda revive un espectáculo que marcou unha época e a partires do 1 de novembro xa nada será igual. O noso castelo ,que hai máis dunha década non presenciaba en evento musical de tales característica, volverá facelo esta fin de semana.

As Noites de Folk, organizadas durante tres edición pola Asociación Maçaeda de Limia, encabezada por Xulio Conde, marcaron unha época para todos nós. Grupos moi importantes como Luar Na Lubre, Chouteiro, Vai de Roda, Joao Afonso, etc… interpretaron os seus mellores temas ós pes da fortaleza macedana. Agora ese sentimento repítese con sons actuais e frescos, máis vivos que nunca.

Daquelas o espectáculo era presentado por María Conde, nas súas tres edicións. O Castañazo 08´, e como homenaxe as noites folk, contará de novo con esta maravillosa presentadora, acompañada por un macedán : Carlos Quintas representando á nosa asociación, que nos amenizarán a velada.

Maria Conde, estudou Filoloxía Galega na Universidade de Compostela e dende sempre atopouse moi unida ós movementos asociativos en Maceda. Tamén participa activamente no BNG, e actualmente desempeña a sua labor profesional nun Centro Deportivo Decathlon en Euskadi ,en donde vive dende hai algún tempo por motivos persoais. Virá a Maceda exclusivamente para O Castañazo.

Quremos dende a asociación, darlle o noso máis sincero agradecemento e amosar a nosa ledicia de poder contar con ela.

Carlos Quintas, macedán , e estudante de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, integrante da nosa asociación O Pipote, acompañará a María e xuntos conducirán o Castañazo ata que a noite nos atrape e as fogatas deixen de alumear.

Con 8000 € de presuposto sen ánimo de lucro e unha organización a cargo dun grupo de mozos que buscan dinamizar a vida cultural e social no rural. Todo un reto e un soño que xa case é realidade. Mañá estará máis preto aínda que hoxe.

3 días para o 1º Magosto alternativo da historia de Maceda : o CASTAÑAZO 08´.

Mentres tanto deixámosvos cunha reportaxe que onte publicou Maceda Virtual na súa web ; picade neste enlace.

Posteado por: pipote | octubre 28, 2008

4 días para a verbena!

1 día menos,e isto está ó caer.

As prediccións metereolóxicas están o noso favor.  As entradas véndense soas. A web bate récord de visitas.

Cada día o Castañazo 08´ aparece nun novo medio de comunicación. Neste caso temos unha grata sorpresa, xa que estes días a Radio Galega está a botarnos un cable co noso “magostazo”, e mais de un teredes escoitado algo da nosa festa, se sodes asiduos a esta sintonía.

Ademais, esta mesma tarde teremos unha entrevista con eles, e poderedes escoitar un pouquiño máis do noso/voso Castañazo 08 este venres pola tarde na “axenda fin de semana” do programa da RTVG “O Tren do Serán” entre as 4 e as 7 da tarde.

Esto vai vento en popa e non deixa de soplar!  E mañá mais.

Por certo, para todos eses antollados teredes un posto de “pulpo” á vosa disposición no propio recinto. Nunca é mal momento para probar unhas talladiñas recén cocidas no caldeiro!

Posteado por: pipote | octubre 26, 2008

Conta atrás para o Castañazo: 5 días!

Xa queda pouco amigos, e o gran día acércase. Unha vez máis dende O Pipote informávosvos das novedades do noso magosto alternativo Castañazo 08. Neste caso o concello de Maceda, pon a disposición daqueles que o desexen unha zona de albergue gratuíta para todos aqueles trotamundos que se acheguen a participar na nosa festa. Estará ubicada no pavillón polideportivo de Maceda e os usuarios disporán tamén de servizos de duchas e baños nas propias instalacións.

Para aqueles que conten cun pouco máis de presuposto poderán pasar a noite en calquera dos seguintes establecementos que se atopan moi próximos ó lugar do evento:

PENSIÓN PRIETO (Xunqueira de Espadanedo)- 988291092

HOSTAL ALTO DO COUSO (Ctra. Ourense – Maceda, Alto do Couso )- 988 463 636

HOTEL  LOS MILAGROS (Os Milagros)- 988 45 55 80  http://www.hotelosmilagros.com

HOTEL ANSUIÑA (Baños de Molgas)  – 988430370 http://www.hotelansuina.com

VIVENDA VACACIONAL CASAL DO CAMPO ( TIOIRA )  619 57 75 22 http://www.casaldocampo.com

CASA RURAL O LAR DOS FELOS (TIOIRA)

HOTEL RÚSTICO LA CHURRA (XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO) 988 291 501

Non perdas esta gran oportunidade para pasar unha fantástica fin de semana , disfrutar de boa compañia, gastronomía, excelente ,música e coñecer a nosa terra!

Posteado por: pipote | octubre 23, 2008

¡ Empeza a conta atrás: 7 días!

Hoxe comezamos a conta atrás cara o Castañazo 08´. E de que mellor forma que cunha entrevista realizada a Juan Sebastián Solano, baixista de La CX Band, que nos acompañarán nesta primeira edición do Castañazo de Maceda.

Entrevista a La CX Band (Getafe) :

Pipote: En primeiro lugar agradecervos a vosa presencia na primeira edición do noso magosto alternativo “Castañazo”, xa que nos separan máis de 500 km. de distancia, e é unha gran satisfación poder contar convosco. Cóntanos un pouquiño, ¿Cómo xurde “La CX Band”?

J.S. Solano: Gracias a vosotros antes de nada por invitarnos, ya que toda la banda estamos deseando tocar en tierras gallegas en vuestro Castañazo. Pues bien, todo surge cuando dos amigos de infancia ponemos todo nuestro empeño en crear un grupo. Comenzamos dos y somos ya 8. Fue increíble como fue creciendo el grupo y como evolucionaron sus sonidos. Comenzamos con un estilo punk – rock que ha ido evolucionando hasta el ska que hoy en día tocamos entre todos, pasando por distintos estilos musicales más adaptados a todos los oídos que incluyen desde trompetas, saxo, teclado…hasta percusión y guitarras eléctricas.

———————————————————————————

Pipote: Fálanos un pouco dos grupos e estilos que comezaron como referencia da banda.

Solano: Pues ante todo variedad, encaminado siempre por sonidos de calidad y alejados de tendencias comerciales y pasajeras. Puedo citarte grupos  como Siniestro Total, Skalariak, Tokyo , Moloto, Ska-P… y estilos muy dispares como el jazz, ska, y percusión y vientos que hacen una mezcla muy poco usual y realmente se consigue crear una música muy buena.

———————————————————————————-

P: Qué opinas acerca da crise que está a vivir actualmente a música, tanto en Galicia como no resto da península.

S: Creo que se trata de una situación pasajera. Afortunadamente se encuentran las nuevas tecnologías en auge y no tenemos muchos problemas a la hora de grabar y componer. Quizá el problema sean los medios de comunicación a los que es más dificil acceder y darse a conocer, y los que provocan muchas veces un cierto desconocimiento de estilos musicales como el nuestro, cerrándose a grupos como Operación Triunfo y demás estilos comerciales como el pop. Afortunadamente cada día son más los conciertos que nos surgen y podemos ir superando éstos obstáculos poco a poco.

——————————————————————————–

P: Falando xa do Castañazo 08´, ¿algún tema en especial?

S: Claro! Miña Terra Galega, de los Siniestro Total (risas)

———————————————————————————

P: ¿Qué é o que vos trae á nosa terra, que xa tedes visitado e tanto vos gusta?

S: Pues primeramente un integrante de vuestra asociación O Pipote, compañero de estudios en Madrid, nos propuso la idea.  Todo empezó en broma y aquí nos ves, uno más en el cartel. Lo que más me gusta personalmente es el ambiente de naturaleza que envuelve el entorno, bosques de eucaliptos y un clima completamente distinto al nuestro qu resulta reconfortante y ausente de masas de contaminación.  Las ganas de fiesta de los gallegos es algo que también compartimos y si me tengo que quedar con una comida, pues con el “pulpiño” como no! (risas).

————————————————————————————–

P: Pois nada máis Cx, deciros que será unha gran festa e que vos esperamos para o día 1 de novembro no bosque da nosa fortaleza, que éste año xa está libre por certo, aínda que si a súa inquilina  estivese dentro, seguramente tamén sairía porque vería dende o balcón un gran festón!!

S: Si, si, ya me se la historia. Lo que pasa en vuestro pueblo no pasa en nigún lado amigos. Pues nada entonces, que tenemos un montón de ganas de ir a Maceda a darlo todo y felicidades por vuestra iniciativa, que seguro lo pasaremos de muerte. Saludos  y nos vemos en Maceda en menos que canta  un gallo con unas ganas de fiesta impresionate!

Posteado por: pipote | octubre 12, 2008

Cartel de campeonato para o Castañazo.

Queridos amigos, comentarvos que finalmente contaremos con grupos de auténtica élite na música galega, como son “Cuchufellos” www.cuchufellos.com e  Guezos, www.guezos.com. Sen esquecernos de La CX Band e Sin Konzienzia que nos acompañarán no evento, como non. Un cartel de luxo e moi variado que esperemos agrade a tódolos que se desplacen ó bosque da fortaleza macedana o día 1 de novembro.

¡¡Esperámosvos neste MAgostaZo!!

Cuchufellos:

Guezos:

Info Grupos:

www.CUCHUFELLOS.COM

WWW.gUEZOS.COM

WWW.laCXband.es

www.myspace.com/sink0nzienzia

Posteado por: pipote | octubre 6, 2008

Atención, atención : ¡¡CAstañaZO!!! 08´

1 de Novembro. 7 da tarde. Bosque do Castelo de Maceda…

Ata agora podemos confirmar con toda a seguridade que contaremos cos colegas de Getafe (Madrid) de “La CX Band”, banda de Ska-Rock, e que virán acompañados do grupo “Sin Konzienzia” Punk-Ska de Madrid e de seguro farán brincar á xuventude macedana! . Máis info, fotos e videos na súa web www.lacxband.es e Web de Sin Konzienzia (pincha o link)

Poderedes mercar os tikets antes de que se esgoten na asociación do local “O Pipote” (Edificio da Biblioteca de Maceda- planta superior), ou encargalos no 628 405 900 (Luis) CORRE QUE VUELAN!

¡Seguiremos informando!

La CX BAnd:

+

Sin Konzienzia

Posteado por: panuccimaceda | octubre 4, 2008

Maceda vestida dos 70´

Membros da asociación o pipote acudiron sen defraudar a festa dos anos 70 no Ambigú ke foi todo un exito!

Ver a Galería de FOTOS

Posteado por: pipote | octubre 1, 2008

“Delirium para sempre”

O peche deste mítico pub de Maceda non podia quedar en balde. E , agora que?..

Posteado por: diegodf | septiembre 18, 2008

Pipote “Suave”

O pasado sábado día 13 de septembro, integrantes do “pipote” acudimos ás terras de Valdeorras para presenciar un espectáculo sen precendentes: un concerto ó aire libre de “Los Suaves”, que tiña lugar como motivo das festas do Cristo na localidade de O Barco. De seguiren a ese ritmo podemos afirmar que seguramente non vexamos moitas actuacións semellantes. O seu vocalista Yosi Domínguez, deleitounos cunha incrible posta en escea, que os seus compañeiros da banda non dubidaron un intre en acompañar ó son das potentes guitarras. O Barco era un tremer de xente  que deixándose a voz pedía máis e máis rock e alababa a estes magos musicais. “Yosi eres mi dios”, “La camiseta, te doi 500 euros!” e frases coma esa gritaban rapaces referíndose ó cabecilla do grupo e á súa camisola chea de suor, calimocho e outras sustancias.

Non faltaron temas míticos e todos os presentes da praza Andrés de Prada quedaron abraiados tras tremenda actuación. Los Suaves non deixaron indiferente a ninguén e os seus seguidores fieis disfrutaron coma un rapaziño cun huevo kinder. E tras os nosos amigos melenudos, o pipotes que alí nos atopabamos, percorremos as rúas que rebosaban xente e postos de todo tipo de trangalladas, tómbolas, atraccións…Non podían faltar as visitas obrigadas os pubs da zona nos que nos tomamos unhas cerveciñas contemplando o ambiente,e  como non, de volta a Maceda.

Unha noite distinta e inesquecible por riba de todo. Pero tranquilos, aínda nos queda o Reperkusión 08´: toda a info na súa web: www.reperkusion.com

Saudiños.

Older Posts »

Categorías