Posteado por: pipote | octubre 31, 2008

1 día para o Castañazo 08´

Tan só queda un día para o Castañazo 08´. Parece mentira, tanto tempo agardando e xa está ó caer.

Fagamos un pequeno repaso do magosto alternativo da asociación «O Pipote»: O Castañazo 08´

O evento comezará en torno as 7 da tarde, e a xente comezarse a reunir na zona dianteira á porta do Castelo de Maceda, donde se atopa un área que se emprega como aparcadoiro de vehículos. Nese recinto desenvolverase toda a actividade durante a tarde-noite.  A esa mesma hora tamén se abrirá o bar e venderanse unha serie de tiques (limitados) in situ, que se trocarán polo menú do que mais adiante falaremos. A eso das 8.30 todos aqueles que adquirisen os tiques do menú, que teñen un prezo de 5 euros, poderán degustar Empanada galega, Chourizo, Pan e viño do país, Bica mantecada e Licor-café caseiro. Habilitarase unha zona para os comensais ,dende a cal tamén poderán presenciar o espectáculo musical que comenzará sobre esa mesma hora. O posto de pulpo tamén estará presente e listo para cociñarnos no caldeiro uns rabiños deste preciado molusco cefalópodo. Se non hai cambios, os grupos actuarán na seguinte orde:

Sin Konzienzia (Madrid) / Punk-Rock: Esta banda madrileña será a primeira en abrir o cartel desta pioneira edición do Castañazo. O seu estilo, Punk Rock  con matices de Ska, sen pelos na lingua e influencias de grupos como Envidia kotxina, Los Muertos de Cristo, Hachazo, Piperrak, Kortatu, La Polla Records, SA, Skalariak, Banda Bassotti… coa súa nova maqueta fresquiña, recén grabada, non dubidarán en amosarnos un directo potente para empezar a festa con forzas! Web Sin Konzienzia

La CX Band (Getafe) / Ska – Rock : Conxunto formado por 8 integrantes, e con numerosos concertos ós seus pés en Madrid e Extremadura, darán o seu primeiro concerto en terras galegas. Unha música distinta e peculiar, que nos farán bailar a ritmo de Ska , guiados por bombos, darbuka e misturando guitarras eléctricas con teclados,  trompetas e saxo. Influencias: Manu Chao, Moñoño, Kortatu… Serán os segundos en tocar que darán paso a un pequeno descanso. A súa WeB: www.lacxband.es

Guezos (Ourense) / Folk -Rock : Qué decir deste grupazo da nosa terra. Finalistas da edición de 2007 do concurso Nsaio no camiño, da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Con temas grabados nos Estudios da Radio Galega,e xa traballando no seu novo disco que de seguro nos adiantarán algo neste Castañazo 08´. Cancións roqueiras e gaitas galegas, aire festivo sen cesar, e auténtico Folk-Rock de primeira para este magostazo que nos espera. Podedes visitar a súa web e descargar os seus temas: www.guezos.com

Cuchufellos (Rep. Independente «Macizo Central»- Manzaneda) /Ska-Pachanga-Speed Folk: Pero se alguén é o encargado de amenizar a nosa festa ,son sen dúbida os Cuchufellos de Manzaneda, cós que Maceda comparte a súa ubicación xeográfica dentro deste Macizo Central. Unha unión de irmandade entre as 2 vilas da serra. Con actuacións en Madrid, Barcelona, Asturias… e xa moi coñecidos por a súa participación en festivais galegos veciños como o Reperkusión de Allariz ou Ponte Louco de Castro Caldelas, non faltarán na noite do día 1 para deleitarnos cos seus temas marchosos, e coa súa presencia que desprende festa rachada polos 4 costados. Un grupo imprescindible para desfrutar a tope deste Castañazo. Podedes descargar os seus temas e saber un pouquiño máis deles en www.cuchufellos.com

Música moi variada dentro do panorama alternativo actual, que esperemos guste a tódolos públicos.

Pero non se acaba ahí, xa que tra-la última actuación os máis verbeneiros quedaremos ata altas horas da madrugada, tomando os últimos chupitiños e pinchando música a través do noso equipo de son!!

Preparaivos para unha fin de semana intensa amigos. Ademais, o Castelo de Maceda permanecerá aberto ao público para que todos aqueles que o desexen, podan visitalo por dentro. Neste día tan especial, o Castelo será o noso fiel espectador protagonista.

Isto esta que arde, mellor dito, que queima!! vémonos no Castelo nunhas horiñas!!


Categorías